Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.197

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DE MARÍN

EDICTO (133/1996).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Marín, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo verbal de tráfico rexistrado co número 133/1996, promovido por instancia de Francisco Javier Abad López contra Joaquín Abreu e o Consorcio de Compensación de Seguros, no procedemento do cal se dictou provido no que se manda citar a Joaquín Abreu, con DNI/pasaporte

X-1651707, natural de Marvila, Lisboa, nado o 6 de novembro de 1942, o último enderezo coñecido que tivo nesta cidade e que na actualidade se atopa en enderezo descoñecido, para que o próximo día 17 de febreiro ás 12 horas compareza neste xulgado sito na rúa Méndez Núñez, número 51, edificio Nova Galicia, co obxecto de asistir á celebración do xuízo; queda apercibido de que, no caso de non comparecer nin alegar xusta causa que non o impida, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Para que sirva de citación ó demandado, expido o presente edicto en Marín o 9 de novembro de 1996.

O secretario

Rubricado

8583