Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.198

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CALDAS DE REIS

EDICTO (420/1996).

Como secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Caldas de Reis e en virtude do ordenado en providencia dictada no día de hoxe en xuízo verbal civil número 420/1996, seguido por instancia de Jesús Cancela Cons e María José Castro Castro, representados polo procurador David García Sexto e defendidos polo avogado Ramón Senín Fernández, citou en legal forma ó demandado que ó final se expresa co fin de que compareza ante este xulgado o próximo día seis de febreiro de 1997, ás 10.30 horas para a celebración do xuízo acordado, baixo apercibimento de que de non facelo se seguirá o xuízo na súa rebeldía sen volver a citalo e facéndolle saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de citación ó demandado Jaime Palacios Álvarez, con domicilio ignorado, expido e asino o presente edicto en Caldas de Reis (Pontevedra) o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7938