Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.197

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do

Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), de conformidade co apartado 7 da base sexta A), o tribunal fará públicos, unha vez comezadas as probas, os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comezo.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do cuarto exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose para iso expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición para o vindeiro día 14 de decembro de 1996, na Facultade de Medicina e Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa San Francisco s/n, ás 11 horas, de conformidade coa seguinte distribución de categorías:

Aula 1: Fisioterapeuta.

Aula 4: Grupo xestión da función administrativa.

Aula 5: Traballador social.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Terceiro.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

8755