Por Decreto da Alcaldía nº 4.357/96 do 23 de outubro de 1996, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxustar aliñacións e rasantes da parcela denominada Monte do Ximo ou Camposas, en Montrove-Liáns, promovida por Nicraria, S.L. Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.
Oleiros, 6 de novembro de 1996.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta
8657