Por Decreto da Alcaldía nº 4.358/96 do 23 de outubro de 1996, acordouse aprobar inicialmente a admisión a trámite da solicitude de formulación dun programa de actuación urbanística no SUNP D-38R, no Seixo-Liáns, promovido por Grajal, S.A. Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa).
Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.
Oleiros, 6 de novembro de 1996.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta
8243