Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno de Ferrol, en sesión celebrada o vintesete de setembro do ano que corre, aprobou definitivamente a modificación do plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro no ámbito dos cuarteiróns: 6A, 19C, 28A, 28B e 29B.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a aprobación definitiva, logo da comunicación ó órgano municipal que a adoptou, recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, sen prexuízo de calquera outro que se considere conveniente.

Ferrol, 9 de outubro de 1996.

Alcalde

8656