Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (244/1996-2).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de declarativo de menor contía nº 244/1996-2 seguidos neste xulgado por instancia de Elena González Seoane e Santiago Quintas Rey, representados polo procurador Manuel Merelles Pérez, contra Antonio González Seoane, Esperanza Pereira Rodríguez e herdeiros descoñecidos e incertos de Salomé Seoane Carrera, emprázase os demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Salomé Seoane Carrera para que no prazo de dez días compareza nos autos en legal forma con avogado que

o defenda e procurador que o represente, coa prevención de que se non comparece, será declarado en rebeldía e recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento ós demandados e ós herdeiros descoñecidos e incertos de Salomé Seoane Carrera, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o 4 de novembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7927