Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (55/1992).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 55/1992, se seguen autos de executivo, outros títu

los, por instancia do procurador Narciso Caamaño Queijo, en representación de Banco de Galicia, S.A., contra Gallega de Sierras, S.L., Luis Ángel Pousa Estévez, Mª del Carmen Olveira Pérez, Carmen Estévez González, representados pola procuradora Ángeles Regueiro Muñoz, herdeiros de Jesús Pousa Veloso, Óscar Manuel Marco Calalayud e Josefa Artero Tello, en reclamación de cantidade; nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial os seguintes predios embargados ós demandados:

Lote número 1. Rústico, labrantío da superficie de 20 áreas e 6 centiáreas, no sitio de Agra da Costoia, concello de Ames, número 505-2 do plano xeral de concentración parcelaria de San Pedro de Bugallido. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 736, libro 176 de Ames, folio 205, predio número 17632. Prezo de valoración: 4.120.000 pesetas.

Lote número 2. Piso 4º esquerda dunha casa s/n facendo esquina ás rúas Doutor Teixeiro e Montero Ríos de Santiago de Compostela de 132 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela,no tomo 494, libro 251, folio 25, predio 12212, inscrición 2ª. Prezo de valoración: 33.000.000 de pesetas.

Lote número 3. Baixo comercial de 150 m, sito na cidade de Valencia, rúa Ayora, 44. Inscrito no tomo 2181, libro 619, folio 149, predio número 2564 do Rexistro da Propiedade número 2 de Valencia. Prezo de valoración: 9.000.000 de pesetas.

Lote número 4. Urbano, casa situada no ensanche da localidade de Godella (Valencia), partida da ermida do Salvador, rúa Ramón y Cajal, 27. Componse de patio fronteirizo destinado a xardín, cunha terraza a continuación que dá acceso a unha planta baixa con todo o necesario para habitar e local descuberto na parte posterior; mide nove metros de fronteira con cincuenta e cinco de fondo, ou sexa, unha superficie de catrocentos noventa e cinco metros cadrados. Inscrito no tomo 1379, libro 66 de Godella, folio 167, predio 631 N, do Rexistro da Propiedade de Moncada. Prezo de valoración: 30.000.000 de pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, número 2 do polígono das Fontiñas o vindeiro día 29 de abril ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o prezo de valoración que figura a continuación da descrición de cada un dos lotes, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, número de conta 1592-17-55-92, o 20% do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resulten rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, encóntranse de manifesto na secretaría do xulgado; os licitadores deberán conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 27 de maio, ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate que será do 75% do da primeria; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 24 de xuño, tamén ás once horas, rexendo para elas as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o suposto de que non puidese facerse nos seus domicilios.

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8210