Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (25/1996-4).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de xustiza gratuíta que se segue neste xulgado co número 25/1996-4, se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 9 de xullo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 25/1996-4 como peza separada de procedemento de tercería 9.96, no que actuaron como demandante María Luisa Castiñeiras Tarrío, representada pola procuradora dos tribunais Mª Rita Goimil Martínez e asistida polo letrado Julio Quintáns Trenco e como demandado Banco Español de Crédito, S.A., Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, José Ángel González Piñeiro, Mª del Carmen García González, Graveiras Xeiso, S.A. e Xunta de Galicia.

Decido que estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de María Luisa Castiñeiras Tarrío, contra os demandados antes referenciados, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeria instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández e Graveiras Xeiso, S.A., expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de outubro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

8299