Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (241/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que no xuízo executivo número 241/1994, promovido polo Banco Central Hispanoamericano, S.A., con DNI/CIF domiciliado na rúa Alcalá, 49 (Madrid), representado pola procuradora dos tribunais Maia Jesús Fernández Rial López contra José Manuel Duarte Seoane, en reclamación de cantidades por importe de 267.776 pesetas, por principal, xuros e custas orzadas, acordei, por providencia desta data, citar de remate á dita parte demandada, José Manuel Duarte Seoane, con DNI/CIF 76986270, domiciliado en Soutomaior-Lameiriñas, Arcade (Pontevedra), do que se descoñece o seu domicilio actual para que no termo de nove días se constitúa nos autos por medio de procurador que o represente e evogado que o defenda e se opoña se lle conviñer á execución contra el despachada, practicado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento

de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. Igualmente, sábese que as copias da demanda e os documentos acompañados están á súa disposición na secretaría deste xulgado. De non se contituír en legal forma será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen volvelo citar nin facer outra notificación máis que as que a lei determina.

Dado en Santiago de Compostela o once de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Lorenzo Villalpando Lucas

Secretario

Bens embargados.

1. Vehículos coas matrículas M-1226-BH, PO-5915-Y e C-5361-AN.

2. Parte proporcional do soldo que percibe da entidade Victoria Laguina, S.L.

8039