Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (54 bis/1996).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos dos que se fará mención recaeu a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1996. Vistos os presentes autos de xustiza gratuíta nº 54 bis/1996 pola maxistrada-xuíza Leonor Castro Calvo, seguidos por instancia de María Vázquez Vilariño, representada polo procurador Gómez Martín, e como demandado José Alvite Sánchez e letrado da Xunta.

Decido que debo conceder e concedo a María Vázquez Vilariño o dereito á xustiza gratuíta no presente expediente e nos autos civís de divorcio 54 bis/1996, seguidos neste xulgado e nos que é parte o demandante neste procedemento. Notifíqueselles

esta resolución ás partes facéndolles saber que esta sentencia non é firme en dereito, polo que é impugnable ante este xulgado en apelación no prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado José Alvite Sánchez, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 18 de outubro de 1996.

Rubricado

7799