Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (186/1996).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 186/1996, por instancia de Rafael Ferreiro Lodeiro e Isabel Martínez Castro, representada polo procurador Fernández Rial; por medio da presente cédula emprázanse as demandadas María Blanco Rodríguez, con último enderezo en Pelamios nº 7-1º C, Ramona Formoso de Martínez con último enderezo en Pelamios nº 7-3º E, e María del Pilar Placer Vázquez con último enderezo en Pelamios nº 5-1º B, Santiago de Compostela, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días comparezan nos autos, baixo apercibimento de seren declaradas en rebeldía e de recaeren sobre elas os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento en forma ás devandita demandadas, ás que se lles fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

7881