Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (236/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo de cognición, seguidos co número 236/1996, se dictou a sentencia de data 26 de xullo de 1996, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de cognición, seguidos neste xulgado baixo o nº 236 de 1996, entre partes, dunha, como demandante, a entidade Banco de Galicia, S.A., con domicilio en Vigo, r/ Policarpo Sanz, 23, representada en autos pola procuradora Goimil Martínez, asistida do letrado Sabín Sabín, e da outra, como demandados, Juan Carlos Rascado Iglesias, María Esperanza Barreiro Gómez, Juan Carlos Rascado Barreiro e María de los Ángeles Rascado Barreiro, veciños de Pontevedra con domicilio en Alba de Touceda nº 26, todos eles incomparecidos en autos e declarados na situación procesual de rebeldía; sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora Goimil Martínez, en nome e representación da sociedade Banco de Galicia, S.A., contra Juan Carlos Rascado Iglesias, María Esperanza Barreiro Gómez, Juan Carlos Rascado Barreiro e María de los Ángeles Rascado Barreiro, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno os demandados a lle satisfaceren á mercantil demandante a suma de 156.778 ptas., máis os xuros legais desde a interpelación xudicial, e ó pagamento das custas causadas no proceso.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña».

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, Juan Carlos Rascado Iglesias, María Esperanza Barreiro Gómez, Juan Carlos Rascado Barreiro e María de los Ángeles Rascado Barreiro, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o quince de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

8002