Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (2/1996).

Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, figura a recaída nos autos, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ribeira o vinteún de outubro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de divorcio, seguidos co número 2/1996 por instancia de María Lourdes Hermida García, representada polo procurador Arca Soler e asistida do letrado Boo Rey contra Juan Alberto López Pérez, declarado en situación procesual de rebeldía.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Arca Soler en nome e representación de María Lourdes Hermida García, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído por esta con Juan Alberto López Pérez o día 17 de marzo de 1990, e elevo a definitivas as medidas adoptadas en sentencia de separación e que se dan aquí por reproducidas; decreto, a absoluta separacion de bens, todo sen facer especial imposición de custas. Notifíqueselles esta resolución ós rexistros civís correspondentes para os efectos legais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Juan Alberto López Pérez, expido e asino esta cédula en Santa Uxía de Ribeira o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

8004