Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.057

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996 pola que se nomea a Amparo Rodríguez Damián, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos (praza 52/1995).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 27 de outubro de 1995 (BOE do 24 de novembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos a prol de Amparo Rodríguez Damián, DNI 44.452.165 e cumprindo a interesada os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Amparo Rodríguez Damián profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de novembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

O rector da Universidade de Vigo

7869