Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.061

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (403/1995-P).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no procedemento abreviado número 403/1995-P, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á súa inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva que, copiada literalmente, di como segue:

«No procedemento abreviado número 403/1995-P, dimanante do procedemento abreviado número 73/1994, instruído polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, polo delito de apropiación indebida, contra o acusado Juan Ángel Vázquez Areán, nacido o 16 de febreiro de 1972, fillo de José e María Luisa, natural de Lalín e veciño de Lugo, con domicilio en r/ San Lourenzo número 20-baixo, zona Milagrosa, sen antecedentes penais, do que non consta a solvencia e en liberdade provisional por esta causa, defendido polo letrado Alejandor Padín Vidal e representado polo procurador Santiago Gómez Martín, sendo parte o Ministerio Fiscal, e decido que debo condenar e condeno a Juan Ángel Vázquez Areán, como autor dun delito de apropiación indebida sen concorrencia de circunstancias modificativas, á pena de dous meses de arresto maior, con suspensión de todo cargo público e dereito de sufraxio durante a condena, e ás custas. Indemnizará a Autos Galicar en 7.229 pesetas por

desperfectos nunha roda e en 92.398 pesetas por días de uso.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poden interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de dez días. Unha vez firme, participaráselle ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes para os efectos oportunos.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando definitivamente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó condenado Juan Ángel Vázquez Areán, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7946