Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de industria da ebanistería e afíns.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de industria de ebanistería e afíns (código 2700245), da provincia de Lugo, asinado o día 25 de xuño de 1996, pola representación da Asociación de Empresarios de Ebanistería e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de xullo de 1996.

Carlota Novo Ríos

Secretaria provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación a tódalas empresas da provincia de Lugo, establecidas ou que se establezan no futuro, que, rexéndose polo convenio colectivo estatal da madeira, publicado no BOE do 20 de maio de 1996 e tendo os seus centros de traballo na provincia, teñan o seu servicio traballadores encadrados nas actividades de ebanistería, mobles curvados, fábricas de mobles en serie, carpintería e carpintería mecánica, envases e embalaxes, brochas, cepillos, pinceis e vasoiras, almacéns de madeira e tapicerías, fábricas de cadaleitos, carpintería de ribeira e demais actividades de 2ª transformación da madeira previstas no anexo I do convenio colectivo estatal da madeira. As condicións pactadas neste convenio teñen o carácter de mínimas obrigadas.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá unha duración de 1 ano, desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996, e entrará en vigor o día da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Comisión mixta paritaria.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes do convenio. O citado órgano -integrado por 7 representantes da asociación empresarial asinante, 4 membros de UGT, 2 membros de CC.OO., e 1 membro de USO, igualmente asinantes do convenio- cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así coma do seu seguimento. Caso de non chegar a acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que anteriormente a este convenio viñesen gozando de mellores condicións cás aquí pactadas, poderán acollerse a estas, que lles serán respectadas para tódolos efectos.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do convenio deberá presentarse cunha antelación mínima de 30 días á data de finalización do convenio por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio, significará, en todo caso, a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente a táboa salarial que se verá incrementada en igual contía có IPC anual.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral de traballo queda fixada para o ano 1996 en 1.812 horas ó ano de traballo efectivo, tanto en réxime de xornada continuada como partida, que se distribuirá de luns a venres, ámbolos dous, salvo nos casos de que entre empresa e traballadores se tome un acordo en contra con respecto ó traballo dos sábados.

Nos anos sucesivos e por aplicación do disposto no artigo 42 do convenio colectivo estatal da madeira procederase á reducción de oito horas ó ano na xornada ata chegar no ano 2000 ás 1.780 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Independentemente do anterior, a empresa queda facultada, naqueles supostos de que non se traballe o sábado, para nomear un servicio de urxencia co fin de manter un nivel mínimo de servicios de asistencia ó público, sendo os ditos nomeamentos de carácter representativo. A compensación ós traballadores que traballen en sábado, efectuarase de forma horaria con carácter mensual.

As empresas poderán distribuí-la xornada establecida no parágrafo primeiro do presente artigo ó longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos,

por períodos estacionais do ano en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso, a distribución irregular da xornada respetará os topes mínimos e máximos de distribución previstos no artigo 43 do convenio colectivo estatal da madeira.

Para os efectos dunha mellor organización do traballo as empresas poderán establecer un calendario anual no que se recolla a distribución da xornada pactada ó longo do ano.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio gozará dun período anual de 30 días naturais de vacacións, preferentemente entre os meses de xuño e setembro. No primeiro trimestre de ano, as empresas poñerán en coñecemento de todo o persoal o calendario de vacacións, así como os criterios seguidos para o seu establecemento. Despois da citada exposición, existirá sempre a posibilidade de reaxuste do calendario proposto, ben por medio dun prazo de reclamación daqueles traballadores que sexan prexudicados ou polo establecemento dun acordo entre empresa e traballador.

No suposto de desacordo, observarase ó que dispoña a autoridade laboral ou a xurisdicción laboral.

Artigo 8º.-Período de proba.

O persoal comprendido no presente convenio, para os efectos de establece-la duración dos períodos de proba axustarase á seguinte escala:

-Peón: 15 días.

-Resto categorías: 30 días.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O persoal gozará das seguintes licencias retribuídas:

-15 días en caso de matrimonio.

-2 días por cambio de domicilio na cidade.

-5 días por cambio de residencia fóra da municipio.

Considérase non laborable a xornada de tarde do 24 e 31 de decembro.

Así mesmo, considerarase non laborable a xornada de mañá do día 24 de ou 31 de decembro, segundo acordo entre empresa e traballadores.

Nos restantes casos, observarase o disposto no cadro de permisos e licencias recollido no anexo II do convenio colectivo estatal da madeira e na lexislación laboral vixente.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán ós traballadores 2 pezas de roupa anualmente, unha en xullo e outra de decembro. En traballos especiais entregarase, se fose necesario, a roupa oportunas.

Artigo 11º.-Salarios.

Durante o ano 1996, os salarios serán os establecidos na táboa salarial anexa, resultado de aplicar un incremento do 4,3% sobre as táboas do ano 1995, desde a súa publicación no BOP. Non obstante, terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1996.

Nos anos 1997 e 1998 as táboas retributivas, por aplicación do disposto na disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal da madeira, incrementaranse no índice de precios ó consumo oficial dos últimos doce meses precedentes á finalización do período de vixencia do convenio.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Establécese unha en xullo de 30 días, que se pagará antes do 30 de xuño, denominada paga de verán e outra en decembro de 30 días a aboar antes do 20 do citado mes, denominada paga de Nadal. A contía das pagas mencionadas será de 30 días de salario base e maila antigüidade e a compensación por perda da antigüidade.

As pagas extraordinarias reguladas no presente artigo devengaranse por semestres naturais e por cada día natural no que se devengase o salario base.

Artigo 12º bis.

Como consecuencia do disposto na disposición transitoria segunda do convenio colectivo estatal da madeira que obriga a adapta-las retribucións anuais a doce mensualidades e dúas pagas extraordinarias, procedeuse a traslada-lo importe da antiga paga extraordinaria de beneficios ó salario base, sin que iso supoña incremento ou diminución das retribucións anuais pactadas.

Artigo 13º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen con máis de 10 anos de antigüidade na empresa, percibirán, nos dous supostos que se sinalan, unha gratificación equivalente ó número de mensualidades que se relacionan:

-Ós 65 anos: 1 mes.

-Ó 64 anos: 2 meses.

-Ós 63 anos: 2 meses e medio.

-Ós 62 anos: 3 meses.

-Ós 61 anos: 3 meses e medio.

-Ós 60 anos: 4 meses.

Artigo 14º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas suxeitas a este convenio contratarán un seguro por accidentes de traballo polas contías de 4.000.000 de ptas. por invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e gran invalidez, e de 2.500.000 ptas. no caso de morte. Os incrementos na contía das indemnizacións que se pacten con respecto ó convenio do ano anterior, estarán en vigor ós 30 días da publicación deste convenio no BOP.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Aboaranse conforme a gastos habidos, ou para xustificar segundo factura.

Artigo 16º.-Aprendices.

Os anos traballados como aprendiz nunha empresa serán computables para os efectos de duración da aprendizaxe, noutra das mesmas especialidades, logo de certificación do aproveitamento pola empresa anterior, ou certificación da capacitación por un centro de formación profesional.

O tempo de aprendizaxe nunha empresa será computable para os efectos de antigüidade. Para os efectos de determina-los salarios que corresponden tratarase o establecido na táboa salarial anexa.

Artigo 17º.-Dereitos sindicais.

As empresas vinculadas ó presente convenio recoñecen os sindicatos debidamente implantados no sector como elemento básico ou representativo, para afrontar a través dos seus delegados de persoal e comité de empresa as necesarias relacións entre traballadores e empresario. Para o exercicio das súas funcións representativas recoñéceselle ós membros dos comités de empresa e delegados de persoal o número mínimo de horas retribuídas mensuais previstas no artigo 68 do Estatuto dos traballadores segundo o número de traballadores de cada centro de traballo, sen que en ningún caso o crédito horario mensual poida ser inferior a 16 horas.

Cota sindical. As empresas, por requirimento dos traballadores ou dos seus representantes sindicais (comité ou delegados), descontarán da nómina mensual do traballador o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que expresará, con claridade, a orde do desconto, a central sindical ou sindicato ó que pertence, a contía da cota e o número de contas correntes e entidades a onde debe ser transferida a dita cantidade. A dirección da empresa, entregaralle copia da transferencia á representación sindical, se a houber.

Taboleiro de anuncios. Os delegados de persoal e seccións sindicais constituídos a teor da lexislación vixente, disporán dun taboleiro de anuncios para expoñer comunicados relativos a problemas laborais da empresa ou do sector.

Artigo 18º.-Compensación en caso de baixa por enfermidade ou accidente.

Nestes supostos, a empresa aboaralles os seus traballadores o complemento necesario para que, unidas á compensación económica, debida a incapacidade laboral transitoria, por accidente de traballo e enfermidade profesional, o traballador perciba o salario que se establece no presente convenio a partir do día seguinte ó inicio da baixa e mentres perciba a indemnización económica a cargo da

Seguridade Social poderá a empresa controla-la evolución da enfermidade ou accidente por medio dos seus servicios, deste dictame médico dependerá a subsistencia do referido beneficio, sen prexuízo das sancións que resulten pertinentes.

Igualmente, no caso de enfermidade común, o 100% aboarase a partir das 20 semanas de baixa e, en todo caso, cando exista hospitalización e durante o tempo que dure ésta.

Artigo 19º.-Dos traballos tóxicos, penosos e perigosos.

En todo caso, para a súa cualificación e determinación fidedignas - logo de comunicación á empresa do traballador e traballadores supostamente afectados - observarase ó que determine a autoridade laboral previo expediente legalmente tramitado para tal efecto.

En canto á súa retribución e demais aspectos normativos observarase o disposto no convenio colectivo estatal da madeira.

Artigo 20º

Cando no cumprimento das obrigas laborais puidese producirse a retirada do carné de conducir, por infracción ou accidente, a empresa comprometerase a ocupa-lo traballador afectado, naquelas tarefas que non requiran tal condición.

Esta medida non será de aplicación no caso de infracción reiterada ou de retirada definitiva do carné.

Artigo 21º

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas ás que lles solicite un traballador a dita xubilación á idade xa citada, veranse obrigadas a contratar outro traballador, titular de dereito ás prestacións de desemprego ou novo demandante de primeiro emprego, mediante un contrato da mesma condición có extinguido na forma e condicións que establece a lexislación vixente.

Artigo 22º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto no presente convenio colectivo, observarase o disposto no convenio colectivo estatal da madeira e demais lexislación vixente.

Artigo 23º.-Recoñecemento médico.

As empresas vinculadas ó presente convenio colectivo está obrigada á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene, ou a través da mutua patronal de accidentes de traballo. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa, quen facilitará os medios de transporte para este desprazamento.

Artigo 24º.-Traballo da muller.

Os dereitos e obrigas establecidos na lexislación laboral e neste convenio afectará por igual o home e a muller.

As empresas están obrigadas a pagar, por igual traballo, os mesmos salarios e complementos sen discriminación de sexo.

Para os efectos de extinción do contrato de traballo por causas obxectivas non se computarán como faltas de asistencia as dos traballadores en período de licencia por maternidade.

Artigo 25º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Ebanistería de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a previsión dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestarlles asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de Seguridade e Hixiene dicten os Organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións se atribúa a Comisión, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 26º.-Comisión de formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

Requerir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afectan ó sec

tor de ebanistería, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que poidan programar máis adiante.

Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la súa organización e programación, tanto ocupacional como regulada (observatorio ocupacional).

Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativas e manuais, coas súas equivalentes na Comunidade Económica Europea.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Complemento de antigüidade.

A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando polo tanto suprimido.

Non obstante, os traballadores que xerasen o xeren antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de angüidade manterán a cantidade consolidada na dita data. A contía mencionada figurará na nómina de cada traballador como complemento persoal baixo o concepto de antigüidade consolidada non sendo tal contía absorvible nin compensable. Para tales efectos fixase na táboa salarial anexa o importe do quinquenio consolidado para cada unha das categorías profesionais.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición do concepto de antigüidade, os traballadores suxeitos ó presente convenio colectivo pasarán a percibir durante o ano 1996 as contías que figuran na táboa salarial anexa baixo o concepto de compensación antigüidade, e que baixo este mesmo concepto figurará na nómina dos traballadores.

Artigo 28º.-Vinculación á totalidade.

Como queira que as condicións pactadas no presente convenio colectivo son o resultado da súa adaptación ó convenio colectivo estatal da madeira, si se dese o caso de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algúns ou tódolos seus pactos e polo tanto quedase sen efecto o convenio colectivo estatal pola aplicación do seu artigo 16, o convenio colectivo estatal deixará de rexer no futuro no que respecta ó presente convenio colectivo provincial.

Por outra parte e no suposto de que a xurisdicción competente considerase que algunha das condicións pactadas no presente convenio colectivo conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros e como queira que este convenio na súa redacción actual constitúe un todo orgánico indivisible, terase por totalmente ineficaz e deberá reconsideralo seu contido íntegro pola comisión negociadora.

Disposicións adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio consideran o acordo interprofesional galego sobre dos procedimientos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo como a canle idónea para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Segunda.-As empresas disporán dun prazo de 30 días desde a publicación do presente convenio no BOP para aboa-las diferencias salariais entre as cantidades que viñesen percibindo e as que se pactan neste convenio, en concepto de atrasos desde o 1 de xaneiro de 1996 ata a data da publicación.

Táboa de salarios convenio ebanistería de Lugo

Vixencia desde o 1-1-1996 ó 31-12-1996

Categoría profesionalSalario díaCompensación

antigüidade

(ano)

Compensación

antigüidade

(mes)

Quinquenio

consolidado

Salario anual

Encargado e similares3.83925.0321.78878.2151.656.607
Oficial 1ª conduc. e asimil.3.82824.9621.78377.9871.651.862
icial 2ª conduc. e asimil.3.70624.1641.72675.5071.599.214
Peón, axudante e asimil.3.62723.6461.68973.8921.565.121
Aprendiz 17 anos2.29914.9941.07146.842992.069
Aprendiz 16 anos2.05313.38495641.837885.909

Categoría profesionalSalario mesCompensación

antigüidade

(ano)

Compensación

antigüidade

(mes)

Quinquenio

consolidado

Salario anual

Xefe oficina e proxectista115.83424.8781.77777.7411.646.554
Oficial 1ª adm. e xefe taller114.75724.6401.76077.0181.631.238
Oficial 2ª adm. e xefe taller111.55023.9541.71174.8661.585.654
Auxiliar administrativo109.42123.5061.67973.4371.555.400
Aprendiz maior 18 anos108.09823.2121.65872.5491.536.584

7637