Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.041

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 19 de novembro de 1996 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da do 29 de febreiro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións para investimentos con destino á promoción de mercados retallistas, zonas peonís-comerciais de carácter social da Consellería de Industria e Comercio.

A Consellería de Industria e Comercio dictou no ano 1996 a Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións para investimentos con destino á promoción de mercados retallistas, zonas peonís-comerciais de carácter social (DOG nº 61, 26-3-1996) e corrección de erros (DOG nº 92, 10-5-1995).

Na devandita disposición establécese como requisito indispensable para o pagamento da axuda a

presentación, antes do 30 de novembro de 1996, da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta a natureza dos investimentos obxecto de subvención, e que estes supeñen, en moitos casos, un longo período na súa realización, considérase necesario amplía-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos subvencionados ó abeiro da orde Consellería de Industria e Comercio do 29 de febreiro de 1996, ata o 15 de decembro de 1996.

Santigo de Compostela, 19 de novembro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Consellerio de Industria e Comercio

7643