Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de novembro de 1996 que modifica a do 29 de xullo de 1996, pola que se convocan axudas para a toma de participación no capital social de sociedades mercantís.

A execución da Orde do 29 de xullo de 1996 pola que se convocan axudas para a toma de participación no capital social de sociedades mercantís (DOG nº 155, do 8 de agosto de 1996) puxo de manifesto a conveniencia de modificar algúns aspectos desta coa finalidade de mellora-la súa operatividade. En consecuencia, ó abeiro do artigo 13 do Decreto 309/1995, do 23 de novembro de 1995, (DOG nº 233, do 5 de decembro de 1995),

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a Orde do 29 de xullo de 1996, pola que se convocan axudas para a toma de participación no capital social de sociedades mercantís, que pasará a te-la seguinte redacción nos artigos e anexos que se indican a continuación:

1. Artigo 6º.1.f),:

«Non obstante o disposto no apartado anterior, no caso de cesamento na relación laboral coa sociedade que non sexa por vontade do traballador durante o período descrito de 3 anos, poderase admiti-la transmisión da participación subscrita sen incorrer en causa de perda da subvención cando a dita transmisión se efectúe a outro traballador da sociedade que non tivese a condición de socio, e poderá este último subrogarse na titularidade do préstamo subsidiado, ou ben cando as súas accións ou participacións sexan adquiridas pola propia sociedade, respectándose, en todo caso, os límites de autocarteira legalmente previstos».

2. Artigo 6º.4.1.B)a):

«Proposta de concesión de préstamo pola entidade financeira, segundo modelo que se incorpora como anexo II».

3. Artigo 7º.1: suprímese o apartado a), e os apartados b), c) e d) pasan a denominarse a), b) y c), respectivamente.

4. Artigo 7º.4.B)a):

«Documentación acreditativa das súas circunstancias persoais: fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura e documento de constitución e estatutos inscritos no rexistro correspondente, así como as súas modificacións posteriores».

5. Artigo 8º.4.C)b):

«Certificación emitida polo Rexistro Mercantil das contas anuais completas e, se é o caso, do informe de auditoría, alí depositados, correspondentes ós dous últimos exercicios».

6. Artigo 9º.2., parágrafo primeiro:

«O Igape, en vista da documentación presentada e con base nos requisitos e condicións establecidos na presente orde, resolverá sobre a cualificación da adquisición de capital como incentivable ou non ó amparo desta e sobre a concesión das axudas previstas».

7. Artigo 14º:

«Serán causas de perda de subvención, con obriga de devolución do percibido e o pagamento dos xuros de demora correspondentes, as consignadas no artigo 78.5º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, así como o incumprimento das condicións e obrigas establecidas no Decreto 255/1996, do 14 de xuño, na presente orde ou na resolución de concesión das axudas».

8. Anexo I substitúese polo anexo I que se achega.

9. Engádese a continuación do anexo I, o anexo II que se xunta.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO II

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN DO PRÉSTAMO

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Rfa.: axudas para a toma de participación no capital social de sociedades/96.

q Préstamos subsidiados para a toma de participación minoritaria en ampliacións de capital polos traballadores.

q Préstamos subsidiados para a adquisición da maioría do capital polos traballadores.

q Préstamos subsidiados para a adquisición de capital por empresas con obxecto de obter vantaxes competitivas.

q Préstamos subsidiarios para a adquisición da maioría do capital por socios.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financiera, acollida ós beneficios regulados polo Decreto 255/1996, do 14 de xuño, e polas súas normas de desenvolvemento, comunicámoslles a vostedes que foi concedido préstamo coas características que a continuación se detallan:

Beneficiario:

Nº de expediente:

Data de solicitude na entidade financiera:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro:

Amortización:

Garantías:

Achegamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto.

Data e sinatura entidade financeira,

8963