Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.038

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se dictan disposicións para a aplicación do Decreto 331/1996, do 26 de xullo, polo que se modifica e amplía o Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Observados erros na citada orde, publicada no DOG nº 234 do 29 de novembro de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 10.781, primeira columna, primeiro parágrafo, onde di: «organiza o currículo... e considera a avaliación», debe dicir: «organizando o currículo... e considerando a avaliación».

Na mesma páxina e columna, segundo parágrafo, onde di: «e separa o bloque de contidos... e constitúeo en materia específica», debe dicir: «separando o bloque de contidos... e constituíndoo en materia específica».

Na segunda columna primeiro parágrafo, onde di: «e considérase a avaliación de ámbalas materias por separado», debe dicir: «considerando a avaliación de ámbalas materias por separado».

Na páxina 10.782, parágrafos 2, 3 e 4, onde di: «e a consigna no primerio lugar...», debe dicir: «e consignando no primeiro lugar...».

96-8959