Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1996 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión de terreos de dominio público portuario, no porto de Cariño (A Coruña).

Cumpridos os trámites previstos pola Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, pola Lei 22/1988, de costas, polo seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e polas demais normas de procedente aplicación, acordouse por Resolución do 21 de outubro de 1996, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorga-la concesión de dominio público portuario que a continuación se cita, con suxeición ás condicións estipuladas naquel acto.

Porto: Cariño.

Concesionario: Concello de Cariño.

Obxecto: construcción dun centro de saúde.

Prazo: Trinta (30) anos.

Ó que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 29-1-1996)

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

8799