Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia consistente na execución de tarefas de carácter informático.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 21 de novembro de 1996, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Norsistemas, S.A., por un importe de vinteoito millóns catro mil oitocentas corenta e dúas (28.004.842) pesetas, IVE incluído, para un prazo de execución dun ano.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1996.

José A.Redondo López

Director xeral do Instituto Gallego da Vivienda e Solo

8606