Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Acuicultores Mejilloneros de Galicia (Acuimega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decrto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Acuicultores Mejilloneros de Galicia (Acuimega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación, tódalas persoas físicas ou xurídicas relacionadas coa cría, cultivo, estabulación, extracción, explotación e comercialización do mexillón.

Asinan a acta de constitución: Juan Manuel Piñeiro Torres e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

8785