De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle-lo prego de cargos en expedientes sancionadores ás persoas que a seguir se relacionan, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27
de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro -Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.
-Nº de expediente: 143/1996-LU.
Denunciado: Ovidio Álvarez Domínguez.
Enderezo: Polígono de Elviña, 1ªfase. Bloque 1,5º Esqda. A Coruña.
-Nº de expediente: 144/1996-LU.
Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.
Enderezo: r) Da Silva, 17-1º. Cedeira (A Coruña).
-Nº de expediente: 159/1996-LU.
Denunciado: Rafael Seco Posada.
Enderezo: r) Ibáñez, 19. Ribadeo (Lugo).
Celeiro-Viveiro, 18 de novembro de 1996.
Enrique Rodríguez González
Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)
8937