Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 12 de novembro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Cruceiro, pertencente á parroquia de Currás (concello de Tomiño).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 22-12-1994, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Tomiño.

Parroquia: Currás.

Nome do monte: monte Cruceiro.

Cabida: 2,35 ha.

Lindes, norte, sur, leste e oeste: propiedades particulares.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 260/1992, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 12 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

96-8953