Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación de servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

2. Obxecto:

a) Descrición do obxecto: contratación de servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Prazo de execución: desde o 1-1-1997 ata o 31-12-1997.

3) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: cincuenta e dous millóns de pesetas (52.000.000 de ptas.).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 40 79.

e) Telefax: (981) 54 40 31.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15703.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: San Caetano nº 5, 2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte do peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

8954