Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 11 novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-190/1996 e LU-232/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

* nº 311-152-116/7-Caixa Galicia. Oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-190/1996.

Denunciado: José Manuel Estévez Freijo.

DNI: 32.361.211.

Último enderezo coñecido: Avda. Monelos, 83-85, A Coruña.

Feito denunciado: atoparse o día 5 de maio de 1996 no recinto feiral de Vilalba e exerce-la actividade de operador comercial sen te-lo carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do Regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 50.000 ptas.

-Expediente: LU-232/1996.

Denunciado: David Martínez Maroño.

DNI: 76.393.705.

Último enderezo coñecido: S. Félix Lagares, 51. Monfero (A Coruña).

Feito denunciado: transporta-lo día 2 de xuño de 1996, no camión matrícula C-9707-BN, seis cabezas de gando ovino, sen te-lo vehículo rexistrado para este fin.

Precepto infrinxido: artigos 52 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 5.000 ptas.

Lugo, 11 de novembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

8777