Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 11 novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-247/1996, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento

de 1955 (modificado polo RD 1665/1976 do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: LU-247/1996.

Denunciado: Ángel Abascal Palazuelo.

DNI: 13.648.716.

Último enderezo coñecido: Avda. Santander-Santander-Cantabria.

Feito denunciado: transporta-lo día 25 de xuño de 1996, no camión matrícula LE-9322-L e semirremolque matrícula S-01432-R, pola estrada C-546 km 45 do termo municipal de Bóveda, 54 cabezas de gando porcino desde Sarria (Lugo) ata o matadoiro de Esfosa-Vic (Barcelona) cunha guía de orixe nº 0008778 serie B que amparaba 25 cabezas de gando e carecer de guía de orixe para 29 cabezas.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Lugo, 11 de novembro de 1996.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

8741