Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto da obra de reforma para escola de capacitación agraria de Monforte de Lemos (EX-017).

Por Resolución do 3 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a obra á empresa:

Josybem, S.L., importe de adxudicación: 21.378.811 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8740