Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.999

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (5/1996).

En Santiago de Compostela o 17 de setembro de 1996, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 5-7-1996 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 5/1996, seguido por furto, feito ocorrido en Santiago de Compostela o día 24-2-1995, que ten a seguinte parte dispositiva:

Debo condenar e condeno a Lounes Said e Mohamed Djamal como autores da falta antes descrita á pena de 8 días de arresto menor, con aboamento dos días que estiveron privados de liberdade por estes feitos, pagamento de custas por metade, e a que indemnicen solidariamente a Juan José Garrido, como representante do establecemento, en 30.000 ptas.

E así o fago constar e estendo esta cédula para a súa notificación ós denunciados Lounes Said e Mohamed Djamal, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, notificándolle que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado conforme o disposto nos Art. 976, 795 e 796 da LAC.

A secretaria

Rubricado

7761