Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.999

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (314/1995).

En Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1996, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 2-2-1996 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 314/1995, seguido por estafa cometida en Santiago de Compostela o 2-1-1995, que ten a seguinte parte dispositiva:

Debo condenar e condeno a José Manuel Sánchez Mujico como autor da falta antes descrita á pena de 5 días de arresto menor e a que indemnice o complexo hoteleiro Los Abetos en 24.492 ptas., con imposición das custas.

E así o fago constar e estendo esta cédula para a súa notificación ó denunciado José Manuel Sánchez Mujico, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, notificándolle que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado conforme o disposto nos Art. 976, 795 e 796 da LAC.

A secretaria

Rubricado

96-7656