Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.998

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (264/1994).

En Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1996, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 3-2-1995 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 264/1995, seguido por defraudación de fluído eléctrico, e que ten a seguinte parte dispositiva: «Debo condenar e condeno a Antonio Carlos Motos da Silva e a Raúl do Nascimento como autores da falta antes descrita á pena de 1 día de arresto menor domiciliaria para cada un deles e ó aboamento das custas do proceso».

E así o fago constar e emito esta cédula para a súa notificación ó denunciado Antonio Carlos Motos da Silva, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, notificándolle que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado conforme o disposto nos artigo 976, 795 e 796 da LAC.

Rubricado

7652