Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.998

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (105/1996-01).

Ana María Brun Puyraimond, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 105/1996, sobre furto, sendo partes como denunciante Serafín Cabanela González e como denunciado Joaquín Fernando Moreira de Magalhaes, se dictou a sentencia que ten a seguinte resolución:

«Que debo absover e absolvo a Joaquín Fernando Moreira de Magalhaes da presunta falta a que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado Joaquín Fernando Moreira de Magalhaes, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o once de outubro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

7655