Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.998

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (30/1996-01).

Ana María Brun Puyraimond, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 30/1996, sobre insultos, sendo partes como denunciantes o policía nacional número 37.781 e como denunciada Susana Mallo Cao, se dictou a sentencia que ten a seguinte resolución:

«Que debo condenar e condeno a Susana Mallo Cao, como autora penalmente responsable dunha falta de desconsideración ó axente da autoridade á pena de multa de 10 días, cunha cota diaria de 200 pesetas, que se satisfarán dunha soa vez mediante ingreso na conta de consignacións deste xulgado, o número da cal lle será facilitado para tal fin, e ó pagamento das custas causadas.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación á denunciada Susana Mallo Cao, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 11 de outubro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

7612