Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.997

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PADRÓN

EDICTO (196/1996).

En virtude do acordado pola xuíza de primeira instancia e instrucción de Padrón, Mª Evelia Marcos Arroyo, de conformidade co disposto coa resolución dictada en data 10 de setembro de 1996, nos autos de cognición número 196/1996, nos que foi pedido pola demandante Luz Divina Freire Freire, empraza-los herdeiros descoñecidos de Florinda Freire Freire e Jacinto Vigo Gens, para que comparezan e contesten a demanda no prazo de nove días coa prevención de que se non comparecen no expresado prazo declararase en rebeldía, dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso,

notificándoselle en estrados as demais resolucións que se dicten nel.

E para que conste e sirva de emprazamento ós herdeiros descoñecidos e incertos de Florinda Freire Freire e Jacinto Vigo Gens, expido o presente edicto en Padrón o catro de outubro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

7611