Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.999

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (327/1994).

En Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 29-3-1996 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 327/1994, seguido por danos, feito ocorrido en Santiago de Compostela o día 7-7-1993, que ten a seguinte parte dispositiva:

«Debo condenar e condeno a José Rodríguez Rey, como autor da falta antes descrita á pena de 4 días de arresto menor, e a que indemnice o denunciante na suma que se determine en execución de sentencia por reposición do cristal fracturado, e ó aboamento das custas do proceso».

E así o fago constar e estendo esta cédula para a súa notificación ó denunciado José Rodríguez Rey, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, notificándolle que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado conforme o disposto nos artigos 976, 795 e 796 da LAC.

Rubricado

96-7653