Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-12).

Por decreto da Alcaldía número 4.461/1996 do 4 de novembro de 1996, acordouse aprobar inicialmente a modificación do plan parcial de Beiramar (P.P.-1), en Perillo, coa condición de que se incorpore nel o plano no que se representa a liña de deslindamento do dominio público marí

timo-terrestre, servidume de protección, ó que se refire o escrito da demarcación de costas en Galicia, con R.E. número 10.063 de 29-10-1996, promovida por P.P.-1 Beiramar, S.L.. Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 11 de novembro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

8594