Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación do bloque central do polígono de Adormideras.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: O96/70.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación do bloque central do polígono de Adormideras.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 19.999.576 ptas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 399.992 pesetas.

6. Obtención de documentos e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario oficial de Galicia, e rematará ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación do bloque central do polígono de Adormideras.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de novembro de 1996.

Alcalde

8596