Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia para a contratación da subministración de 68 ordenadores persoais e 24 impresoras láser (C.P.42/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de 68 ordenadores persoais e 24 impresoras láser.

Orzamento: 29.820.000 pesetas.

Garantía provisional: 596.400 ptas.

Lote 1: 52 ordenadores persoais 133 Mhz.

Orzamento: 17.940.000 ptas.

Garantía provisional: 358.800 ptas.

Lote 2: 16 ordenadores persoais 166 Mhz.

Orzamento: 6.420.000 ptas.

Garantía provisional: 124.800 ptas.

Lote 3: 24 impresoras láser.

Orzamento: 5.640.000 ptas.

Garantía provisional: 112.800 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia.

Plazo de entrega: antes do 30 de decembro de 1996.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Melloras tecnolóxicas, sobre as especificacións que, con carácter de mínimas se establecen no anexo I prego de prescricións técnicas: 50%.

2. Prezo ofertado polos licitadores: 50%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 21 de novembro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8920