Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de novembro de 1996 de notificación do requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona (expediente: LU-80/030, conta 50).

En cumprimento do disposto no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselle ó interesado un prazo de 10 días hábiles para que se poña ó día no pagamento ou compareza en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que considere conveniente para o seu dereito.

Advírteselle que, no caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, nos casos en que proceda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten seu pagar e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

-Angeles Vizcaíno Requena

Expte: LU-80/030. Cta. 50

Grupo Monforte de Lemos, bloque C nº 2, 6º

Monforte de Lemos (Lugo)

1.655.046 ptas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

8888