Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación para o Fomento da Producción, Comercialización e Consumo de Productos Ecolóxicos (Galieco).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación para o Fomento da Producción, Comercialización e Consumo de Productos Ecolóxicos (Galieco), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación, calquera persoa relacionada coa producción de carácter ecolóxico.

Asinan a acta de constitución: Jorge Domínguez Gómez e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

96-8599