Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución do expediente sancionador P-9/1996, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa ó titular da máquina Rafael Lorenzo Pintos, da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente número P-9/1996, e ó non poder efectuala, disponse ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Sancionar a Rafael Lorenzo Pintos, con multa dun millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), pola comisión dunha infracción administrativa moi grave prevista no artigo 28.g da Lei 14/1985 (en relación co artigo 19.1º da devandita lei e os artigos 19, 20 e 23 do Decreto 374/1986), sancionable polo artigo 31.1º da mesma lei, por ter instalada na data do 26 de febreiro de 1996 unha máquina recreativa tipo B, carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente, no establecemento denominado Bar San José, na r/ Severino Cobas, 298 do concello de Vigo.

Pontevedra, 23 de setembro de 1996.

María Jesús Padín García

Instructora

96-8633