Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do plan parcial do solo A-1.1 en desenvolvemento do PAU aprobado para a programación do solo A.1.1 do Vao.

O Pleno da Corporación, en sesión do 26-9-1996, acordou aprobar definitivamente o proxecto refundido do plan parcial redactado polos arquitectos José A. e Ignacio Hermo Túñez, con visado da delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 19-7-1996, en desenvolvemento do programa de actuación urbanística, aprobado por orde do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 14-7-1995, instrumentos urbanísticos confeccionados como consecuencia do convenio formalizado entre este concello e a sociedade Granja del Bao, S.A., coa finalidade de programar e ordena-lo ámbito territorial do solo A-1.1 do vixente PXOU, dispoñéndose a notificación e comunicación ós particulares e organismos interesados e a publicación das ordenanzas ou normas do BOP coa finalidade de consegui-la súa executividade nos termos da lexislación de réxime local.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 29 de outubro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral