Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-298/1995 e seis máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 4 de novembro de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: P-298/1995

Denunciado: Antonio Hernández Iglesias.

Último enderezo coñecido: Avda. Castelao, 20-Santiago de Compostela.

Feito denunciado: pescar 4 troitas de tamaño menor do permitido (16, 5, 17, 5 e dúas de 15 cm), o día 25 de xuño de 1995, no río Ulla, concello de Vila de Cruces.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 8.000 ptas.

Expediente: P-50/1996

Denunciado: José García Carrera.

Último enderezo coñecemento: Xinzo-Viso-Ponteareas.

Feito denunciado: dedicarse á pesca da lamprea de noite, axudado dunha lanterna con luz artificial, na marxe esquerda do río Tea, xunto á escala piscícola, concello de Ponteareas.

Precepto infrinxido: artigo 34.9º, 11 e 35.19º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Preceptos sancionador: artigo 34 e 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 600.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano e 1 día.

Expediente: P-108/1996

Denunciado: José Luis Rodríguez Castro.

Último enderezo coñecido: atoparse pescando na estacada nº 22 na noite do venres ó sábado, estando fóra do día 1 que lle corresponde e non ter consigo a licencia de pesca, o día 30 de marzo de 1996, no río Tea, concello do Ponteareas.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º, e 16 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 60.000 ptas. e Inhab. para obtene-la licencia de pesca 1 ano.

Expediente: P-115/1996

Denunciado: José Juan Aparicio Abundancia.

Último enderezo coñecido: Calvo Sotelo, 27-1º, Tui.

Feito denunciado: navegar nunha canoa entorpecendo o exercicio da pesca, no couto de Pontecaldelas, o día 5 de abril de 1996, no río Verdugo, concello de Pontecaldelas.

Precepto infrinxido: artigo 33.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas.

Expediente: P-117/1996

Denunciado: Carlos Alberto Bugarín Pereira.

Último enderezo coñecido: r/ Tui, 43, Tui.

Feito denunciado: navegar nunha canoa entorpecendo o exercicio da pesca, no couto de Pontecaldelas, o día 5 de abril de 1996, no río Verdugo, concello de Pontecaldelas.

Precepto infrinxido: artigo 33.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 5.0000 ptas.

Expediente: P-118/1996

Denunciado: Mark Damian Walls.

Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro, 6-8º, Madrid.

Feito denunciado: navegar nunha canoa entorpecendo o exercicio da pesca, no couto de Pontecaldelas, o día 5 de abril de 1996, no río Verdugo, concello de Pontecaldelas.

Precepto infrinxido: artigo 33.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas.

Expediente: P-169/1992

Denunciado: Ángel Puga Villanueva.

Último enderezo coñecido: Padróns-Seca-Ponteareas.

Feito denunciado: pescar 5 lampreas vivas a man axudado dun guante áspero, en lugar non autorizado e carecendo da licencia de pesca, en tramo vedado, o día 19 de abril de 1996, no río Tea, marxe dereita, concello Ponteareas.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º, 6, e 11 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 60.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano.

8748