Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-233/1996 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou

aportaren as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 4 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-233/1996

Denunciado: Javier Alcobre Souto.

Último enderezo coñecido: Pizarro, 17-5º B-Vigo

Feito denunciado: dedicarase ó deporte da pesca con cana sen leva-la documentación acreditativa de identidade, e empregando como engado miñoca viva en río salmoeiro, o día 19 de maio de 1996, no río Deza, concello de Vila de Cruces.

Precepto infrinxido: artigo 34.14º en relación co artigo 3 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de 16-2-1996, e artigo 33.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 e 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 52.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia durante 1 ano.

8747