Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.
Denominación: L.M.T. en Nodar.
Situación: Friol.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 2.169 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Nodar, concello de Friol.
Orzamento: 4.673.168 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro,
sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 22 de outubro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8676