Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/73-2-4544 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Seixón de Arriba e Sucampo.

Situación: Friol.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 739 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/400-231 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 1.444 metros, para mellora do servicio eléctrico en Seixón de Arriba e Sucampo, no concello de Friol.

Orzamento: 7.077.872 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 22 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-8677