Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/17-2-4487 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáez Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Santalla e Barrio.

Situación: Pantón.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm AL, cunha lonxitude de 929 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 410 metros, para mellora do servicio eléctrico en Santalla e Barrio, no concello de Pantón.

Orzamento: 5.227.875 pesetas.

Cumpridos os tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 28 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8675