Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.921

II. ACTUACIÓNS E PROCEDEMENTO Obxectivo I:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Kiwi Atlántico, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Kiwi Atlántico, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-9-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal en data 19-9-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de outubro de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo para a empresa Kiwi Atlántico, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Kiwi Atlántico, S.A., e tódolos traballadores que presten servicios nela, unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo terá unha duración dun ano, contado desde o 1 de setembro de 1996, finalizando o seu efecto o 31 de agosto de 1997.

Entenderase prorrogado de ano en ano, agás denuncia de calquera das partes, con tres meses de antelación, alomenos, á data da súa terminación. A devandita renuncia deberá ser por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As condicións pactadas forman un todo orgánico, indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter de cómputo anual, excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas, implantadas pola empresa que significasen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas efectivas de traballo en cómputo anual.

Durante os meses de xullo e agosto realizarase xornada continuada.

Artigo 5º.-Garantía sobre ordenación do traballo.

a) Non contratar eventuais mentres haxa fixos discontinuos sen chamar.

b) Non faceren horas extraordinarias os fixos-discontinuos mentres permanezan outros de igual condición.

c) Chamar por orde de antigüidade e dar de lata a medida que se precisen ata que se poida esgota-la xornada e, cando isto non sexa posible, prescindir dos de menor antigüidade con baixa na Seguridade Social, por diminución do producto. É dicir, os traballadores causarán altas e baixas na empresa de acordo coa prestación laboral real e cursando a baixa definitiva na campaña, do persoal afectado por diminución do producto ou finalización da tempada, para favorecer que o persoal que non poida traballar cun mínimo de continuidade poida acceder a outros traballos.

d) En relación cos traballos de posta en marcha e finalización de campaña, haberá que aterse ó disposto no artigo 20 do Real decreto 1563/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo.

Artigo 6º.-Traballos en domingos e festivos.

Os domingos e festivos, se por excepcional necesidade da empresa, o traballador non puidese desfrutar do seu descanso neses días, farao dentro da semana seguinte, sinalándose o día con anterioridade, ou cobrarao co incremento establecido na lexislación vixente.

Artigo 7º.-Fase de eventuais a fixos discontinuos.

Os traballadores eventuais pasarán á condición de fixos-discontinuos cando realizasen tres campañas de trinta días de traballo como mínimo, e cando non teñan acadado os trinta días por campaña, terán a preferencia de seren contratados sen perda da condición de eventuais.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán de trinta días naturais de vacacións.

As datas de desfrute acordaranse entre empresario e traballadores, non poderán iniciarse nin en domingo nin en festivo.

Artigo 9º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal das axeitadas pezas de roupa de traballo. O persoal recibirá dúas fundas por ano ou peza funda similar. A primeira será entregada ó comezo da campaña e a outra a primeiros de maio, e será obrigatorio o seu uso para o persoal ó que se lle entregen as devanditas pezas de roupa.

Artigo 10º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia en calquera dos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 16 días naturais.

b) Tres días nos casos do nacemento de fillo ou enfermidade grave ou pasamento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador precise realizar un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Por traslado de domicilio habitual: un día.

d) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admiten demora: 2 días.

e) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas na Seguridade Social, cando, coincidindo o horario de consulta co de traballo prescribirá a dita consulta o facultativo de medicina xeral, e deberá presentarlle o traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica.

Artigo 11º.-Retribucións.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías rexerase polas táboas salariais anexas.

Artigo 12º.-Clasificación empresarial.

As clasificacións do persoal consignadas no presente convenio son meramente enunciativas e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas prazas enumeradas, se a necesidade e o volume da industria non o require.

Categorías:

-Persoal administrativo.

Oficial de 1ª: é aquel empregado que actúa ás ordes dun xefe, se o houber, e que ten un servicio determinado ó seu cargo, dentro do cal exerce iniciativa e posúe responsabilidade con ou sobre outros empregados ás súas ordes, realizando traballos que requieren cálculo, estudio, preparación ou condicións axeitadas.

Considéranse incluídos nesta categoría os contables que leven eles sós a contabilidade.

Oficial de 2ª: é o empregado que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinada a un xefe ou a un oficial de primeira, se o houber, realiza traballos de carácter auxiliar ou secundario que só esixen coñecementos xerais da técnica administrativa.

Auxiliar: é o empregado que se dedica a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas e inherentes ó traballo da oficina ou despacho.

-Especialistas da industria.

Encargado de almacén: é o empregado que, ás ordes directas do empresario ou persoa en quen delegue, lle dicta as normas para a perfecta organización e distribución do traballo ó persoal de almacén e transporte e facilítalle os datos necesarios para a boa marcha administrativa ás oficinas, e tendo ó corrente de canto aconteza á empresa, a quen facilitará os datos concretos de producción diariamente ou cando o empresario considere oportuno.

Oficial 1ª: conductor carreta: é a persoa debidamente capacitada e autorizada pola empresa, que ten encomendada a conducción da carreta elevadora

mecánica e a conservación dos seus elementos accesorios.

Empaquetador: é a persoa que selecciona, coloca e coloca en caixas a froita axeitándoa convenientemente no interior dos envases. Así mesmo transporta a froita seleccionada no interior do almacén duns lugares a outros.

Peón: é a quen se lle confían traballos elementais, para os que non se require preparación, do que se require predominantemente unha achega de esforzo físico, a atención debida e a bondade de levar a cabo o traballo que se lle orde.

Aprendiz: son aprendices aqueles traballadores que teñan vixente un contrato de aprendizaxe. Realizarán os labores correspondentes ó oficio que estean aprendendo.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro, polo importe dunha mensualidade cada unha delas, calculadas sobre o salario que se fixa na táboa anexa correspondente.

Estas pagas serán aboadas o quince de xullo e o quince de decembro.

Artigo 14º.-Axuda de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos da organización da empresa, deba efectuar saídas, quedan establecidas do seguinte xeito:

Axuda de custo completa: fíxase unha cantidade de 5.000 ptas., para tódalas categorías.

Media axuda de custo: fíxase a cantidade de 2.000 ptas., igualmente para tódalas categorías.

Nos desprazamentos que se efectúen en coche de seu aboarase a cantidade de 25 ptas. quilómetro.

Artigo 15º.-Comisión paritaria.

As partes acordan nomear unha comisión paritaria composta por unha representación dos traballadores e outra da empresa, ó número da cal se fixará no seu momento, para a interpretación das cláusulas do convenio.

Artigo 16º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio, haberá que aterse ó que determine o Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións concordantes.

Artigo 17º.-Comisión negociadora.

Este convenio foi negociado en representación da empresa por José Pérez Expósito, José Aníbal Piñeiro Serodio y Antonio Escudero Álvarez e, en representación dos traballadores Luis Amable Castro Castro e Carmen Abal Romero.

Táboa salarial

Categorías

Persoal administrativo

Enxeñeiros e licenciados: 115.520.

Oficial de 1ª: 90.568.

Oficial de 2ª: 85.630.

Aprendiz: 79.520.

Especialista de industria:

Encargado de almacén: 95.374.

Oficial 1ª-conductor carreta: 83.164.

Empaquetador: 76.731

Peón: 75.736.

Aprendiz: 52.620.

7636