Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.920

II. ACTUACIÓNS E PROCEDEMENTO Obxectivo I:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 423/1996, do 21 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de E.P. 5903 de Ordes a Portomouro, alargamento e modificación do trazado desde Pontraga a Candendo.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o dia 29 de marzo de 1996, aprobou o proxecto de E.P. 5903 de Ordes a Portomouro, alargamento e modificación do trazado desde Pontraga a Candendo e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocu

pación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitíu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30 de setembro 1996, nº 9334.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque existen razóns de urxencia que fan necesaria a execución delas, tales como a existencia de curvas perigosas con pequeno radio, con edificacións e vivendas pegadas á estrada, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos (especialmente no tramo de Pontraga a Candendo, pois o tramo Ordes a Pontraga xa está alargado), a intensidade media do tráfico, etc., co fin de evita-lo altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de E. P. 5903 de Ordes a Portomouro, alargamento e modificación do trazado desde Pontraga a Candendo.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7371